2025 / equipamiento / Cortegada (Silleda)

Acondicionamento de centro TIC RURAL

Acondicionamento de centro TIC RURAL

***

Por encarga do Concello de Silleda, rehabilitamos unha edificación tradicional en desuso para convertela nun Centro TIC en Cortegada (Silleda). O proxecto recupera un espazo existente e adáptao ás necesidades actuais, facilitando o acceso ás tecnoloxías dixitais e ofrecendo un lugar para a formación, o traballo e a divulgación.

A intervención conserva o carácter da construción orixinal, delimitada por muros de cachotaría de pedra, e incorpora novos elementos para mellorar o seu confort, a eficiencia enerxética e a funcionalidade.

A distribución interior organízase en dúas salas de distinto tamaño, con acceso independente e conectadas mediante un paso integrado no muro medianeiro. Un sistema de portas abatibles permite comunicar ambos os espazos ou separalos segundo as necesidades, facendo posible desenvolver actividades simultáneas ou adaptar o espazo a cada uso.

Os acabados en madeira brindan calidez ó interior, mentres que as novas ventás e as melloras no illamento e na impermeabilización contribúen a crear un ambiente confortable. O proxecto complétase cun aseo accesible e un espazo de almacenamento.

A sala principal concíbese como un espazo diáfano e flexible para impartir cursos, obradoiros e charlas. A segunda sala destínase ao traballo con equipos informáticos e a actividades formativas de menor escala. Ambas contan con conexións para equipos e recursos audiovisuais, adaptándose a diferentes necesidades de uso.

A renovación das instalacións de saneamento, abastecemento, electricidade, protección contra incendios e calefacción completa a intervención, dándolle unha nova vida aó edificio e creando un equipamento útil, accesible e preparado para contribuír a reducir a fenda dixital no rural.