Local para estudio de tatuaxes FIGA NEGRA
***
O proxecto de Figa Negra Tattoo, en Lalín, transforma un local comercial existente nun estudio de tatuaxe adaptado ás necesidades da actividade, cunha distribución funcional que combina as zonas de atención ao público, deseño e realización de tatuaxes cos espazos de uso exclusivo do persoal.
A reforma aproveita o acondicionamento previo do local e céntrase en reorganizar os espazos e mellorar as súas prestacións, mantendo boa parte dos elementos existentes. Para iso, elimínanse os antigos tabiques dos probadores e incorpóranse novas divisións lixeiras que permiten organizar as distintas áreas de traballo.
A zona de entrada incorpora un mostrador de recepción que serve tamén como punto de espera. O espazo destinado ó deseño dispón dunha zona de oficina, mentres que a área de tatuaxe conta cun lavabo de mans e acabados que facilitan a limpeza e o mantemento das superficies.
A actuación inclúe, ademais, un espazo independente para o almacenamento e a limpeza e esterilización dos utensilios, equipado cunha pía e revestimento cerámico na zona de lavado. Mantéñense os pavimentos existentes nos espazos de acceso restrinxido e instálase un novo pavimento vinílico nas zonas destinadas á clientela.
O conxunto complétase co pintado interior, a adaptación das instalacións eléctricas e a incorporación de mobiliario e elementos lixeiros que permiten separar as diferentes áreas sen recorrer a divisións permanentes. O resultado é un estudo de tatuaxe organizado, práctico e adaptado ás necesidades da actividade.